Báilalle á primavera!

A Cidade da Cultura convídavos a recibir a primavera bailando. Coincidindo co Día Internacional da Danza, o Museo Centro Gaiás vestirase de cores para vivir unha tarde chea de música e baile. 

A celebración comeza ás 18 horas cun obradoiro de balde co que aprender a bailar danzas galego-portuguesas. Pensado para gozar en familia, o grupo Pesdelán ensinaralles aos participantes os pasos básicos para cada un dos bailes, nunhas divertidas clases que estarán amenizadas con música en directo.

O Gaiás supera os 2 millóns de visitantes

A Cidade da Cultura recibiu 2.090.479 visitas desde a súa apertura ao público en 2011. O número de visitantes ao Gaiás non deixou de medrar neste período de cinco anos. De feito, o ano pasado acadouse a cifra récord de 479.418 visitas, o que supón un 45% máis que no 2011, cando foi inaugurada polos entón Príncipes de Asturias e hoxe Reis de España.

Santiago de Compostela, 31 de Marzo de 2016

O Gaiás convoca a 80 cidadáns a un proxecto de obradoiros artísticos con Chelo Matesanz, Melania Freire, Lula Goce e Carolina Cruz Guimarey

A Cidade da Cultura convoca a oitenta cidadáns a participar nun proxecto de creación artística que terá lugar no marco da exposición Con-fío en Galicia e que se organizará en forma de obradoiros dirixidos por catro artistas contemporáneas: Chelo Matesanz, Melania Freire, Lula Goce e Carolina Cruz Guimarey, coordinados por Neves Seara e Andrea Barreira.

Santiago de Compostela, 29 de Marzo de 2016

A pola #MuseumWeek 2016!

Desde este luns, 28 de marzo, ao domingo, 3 de abril, a Cidade da Cultura participa por segundo ano consecutivo na Museum Week, a festa da cultura en Twitter. Durante sete días, a Cidade da Cultura conversará a través de 140 caracteres cos seus usuarios en forma de sete etiquetas coas que desvelar os seus lugares ocultos, as persoas que o fan posible, o seu patrimonio ou o seu futuro.

Galego

Encontro de bloggers de moda en Con-Fío en Galicia

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, destacou esta mañá no Encontro de Bloggers de Moda que acolleu a Cidade da Cultura con motivo da exposición Con-fío en Galicia a importancia das novas linguaxes e formas de comunicación no desenvolvemento do sector téxtil-moda galego e na consolidación da ‘marca Galicia’.

Santiago de Compostela, 12 de Marzo de 2016

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS