Un Magosto de Medo

O Samaín, a noite de Defuntos, a Santa Compaña, os magostos, o outono… A tarde do 5 de novembro convidámosvos a vivir en familia unha contada de medo! 

Primeiro teremos que ambientarnos para a ocasión, tiznando a cara  tal e como manda a tradición dos magostos e aprendendo a elaborar con castañas cocidas o popular rosario de zonchos. Unha vez listos, a narradora Raquel Queizás descubriranos contos tradicionais, lendas de cada recuncho, adaptacións de contos de autor e historias propias nas que todos seremos protagonistas.

 

 
En familia
 
14 Mar 2026
De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas