Visita guiada ao Gaiás desde o centro histórico de Compostela

Descubre unha das obras arquitectónicas con máis forza visual de España, nunha visita guiada desde o mesmo centro histórico de Santiago de Compostela, e  na que explorarás a cidade de cuarcita e cristal que emerxe no cumio do monte Gaiás.

Accede a espazos restrinxidos ao público, goza de instalacións artísticas e exposicións, saborea uns petiscos galegos e leva un obsequio de recordo.

Inclúe:

  • Traslado ida-volta en autobús desde Santiago.
  • Visita guiada ao complexo, con acceso a espazos restrinxidos ao público
  • Acceso ás exposicións do Museo Centro Gaiás
  • Petisco de cortesía na Cantina. Premio Restaurant & Bar Design
  • Obsequio