Música en feminino

Co gallo da celebración do Día da Muller, o Arquivo de Galicia vén organizando nos últimos anos unha serie expositiva que, baixo o título Mulleres sobranceiras, recupera a memoria dalgunha muller destacada.

Este ano, a mostra Música en feminino ofrece unha escolma de documentos que ilustrarán o visitante sobre o papel desenvolvido pola muller no mundo da música desde a esfera cotiá e doméstica da que parten, ata o ámbito profesional e intelectual no que hoxe en día se encontran dentro da escena musical.

Neste caso, as pezas seleccionadas amosarán as figuras de mulleres como:

  • Nemesia Courtier (profesora de música na Escola de Música da RSEAPS)
  • María Morelli (cantante)
  • Pilar Monterde (bailarina e profesora no conservatorio de Danza de Madrid)
  • Elisa Grandío, membro da Orquesta Ibérica e outras.

En total foron seleccionadas 28 pezas entre documentos textuais, fotografías e partituras que se distribuirán en seis vitrinas.

Unha gran parte delas pertencen ao fondo da Escola de Música da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago; outras ao fondo do músico Germán Lago Durán, recentemente doado ao Arquivo, de cuxa Orquesta Ibérica formaban parte algunhas mulleres, e finalmente ao fondo da Casa de Banco e Comercio Bengoechea, polo carácter de apaixoado das artes dalgún dos seus membros e benefactor de varias intérpretes.

 
Exposicións
 
 
29 Nov 2023 - 28 Abr 2024
De martes a domingo | De 10 a 20h
5 Dec 2023 - 19 Mai 2024
22 Mar — 4 Ago 2024
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Xul 2024 — Xan 2025
De martes a domingo | De 10 a 20 h