Medallas de Galicia 2019

O 24 de xullo o Museo Centro Gaiás acolle o acto de entrega das Medallas de Galicia 2019. A Medalla de Galicia é a máxima distinción de honra que concede a Xunta a persoas ou institucións que polos seus méritos ao servizo de Galicia en calquera aspecto da súa realidade social, cultural ou económica, sexan dignas de obter o recoñecemento do pobo galego.

No acto, que estará presidido polo titular do Goberno Galego, Alberto Núñez Feijóo, recibirán este recoñecemento os expresidentes do Principado de Asturias e de Castela e León, Javier Fernández e Juan Vicente Herrera, respectivamente. 

O máximo mandatario galego explicou que a "máxima distinción" de Galicia a Fernández e Herrera se debe ao seu traballo pola "defensa dos intereses" do noroeste español, nomeadamente na reivindicación de investimentos ao Executivo central para impulsar o corredor atlántico ferroviario.

O acto contará coa presenza do novo presidente do Principado de Asturias, Adrián Barbón, e do da Xunta de Castela e León, Alfonso Fernández Mañueco.