José Suárez: arte e vangarda | Obradoiro con motivo do Día das Artes Galegas na Biblioteca de Galicia

Queres descubrir todos os segredos da obra de José Suárez? A Biblioteca de Galicia organiza un obradoiro para cativada de entre 8 e 12 anos no que afondar, a través da creatividade, na figura deste fotógrafo ao que se lle dedica o Día das Artes Galegas.

Ao longo da actividade, achegarémonos ás súas imaxes máis coñecidas para entender como contaba historias coas súas fotografías e que as fai tan especiais. Descubriremos, por exemplo, por que moitas das persoas que retrataba non miran á cámara, que significa facer unha foto desde abaixo ou como os obxectos que aparecen nas imaxes nos dan pistas sobre a vida de quen sae nelas.

Ademais, o obradoiro será tamén un espazo para crear e experimentar, no que as nenas e nenos construirán o seu propio mapa visual para seguir as pegadas de Suárez polos lugares que visitou e polas persoas que fotografou, combinando imaxes, ideas e imaxinación para coñecer mellor a súa historia dun xeito divertido e participativo.

 
En familia