Axudas REGA 2026 | Proxectos seleccionados

Arrincan este mes de setembro as residencias artísticas da quinta edición das Axudas REGA. En total, son seis os proxectos —un por cada modalidadede da convocatoria— seleccionados que estarán a traballar ata novembro aproveitando os espazos, recursos técnicos e humanos da Cidade da Cultura. Cada un deles contará, ademais, cunha axuda de 8.000 € e co acompañamento de mentoras e mentores expertos. O resultado da súa estadía presentarase ao público a finais de novembro. Preme sobre cada imaxe para coñecer máis de cada un deles:

LEVITARE. MOVÉNDOSE POR RIBA DAS PALABRAS.- Suevia Rojo

ARQUITECTURA EN LUGARES INSOSPEITADOS.- Ventura A. Pérez

ESTUDO PARA CONTRABAIXO EXPANDIDO EN MI MENOR.- David Santos

VIRAVENTO PLUVIAL.- Carlos Fer

TERREMOTO. SABERES CONTEMPORÁNEOS EN MOVEMENTO.- Manuel Pereira Enríquez

IN VITRO EX VIVO.- Judith Adataberna