Unha fiestra virtual a Galicia, un relato no mundo

Galicia, un relato no mundo explora a interacción, o papel e o impacto do territorio histórico galego no resto do mundo, rompendo co mito de illamento e periferia, nun percorrido que nos leva dende a prehistoria ata a actualidade. A través desta fiestra virtual agrúpanse diferentes materiais para achegarse en liña a unha mostra que agrupa numerosas pezas de alto valor simbólico para a historia e a cultura do noso país, conservadas en prestixiosas coleccións museísticas de todo o mundo. En moitos casos, chegaron a Galicia por vez primeira para seren exhibidas nesta primeira grande exposición da Xunta con motivo do Xacobeo 2021, e comisariada polo xornalista, profesor e divulgador Manuel Gago Mariño.

Vídeos para coñecer un pouco máis sobre a exposición, historias sobre as pezas máis descoñecidas e sorprendentes, material descargable e moito máis, conforman un repositorio dixital en crecemento para que a exposición traspase as paredes do Museo Centro Gaiás.

VÍDEOS PARA MERGULLARSE NUNHA MOSTRA IMPRESCINDIBLE

Explora a lista de reprodución para dar un paseo pola exposición, descubrir a historia dalgunhas das pezas senlleiras da mostra, ou ver a complexa instalación en sala dunha obra da envergadura do Guerreiro castrexo de Lesenho. Ademais, podes consultar aquí en enlace directo algunhas píldoras audiovisuais destacadas:

  • O Cap Norte: A música (o patrimonio inmaterial galego) que cruzou o Atlántico destino América da man e dos instrumentos dos nosos e nosas emigrantes.
  • Os Adeuses: a emigración galega a América cobra vida da man da man da realidade virtual e nas verbas dalgúns dos seus protagonistas.
  • A bandeira galega que a emigración escolleu: a bandeira do porto da Coruña que ondeou no Centro Galego da Habana.
  • A Biblia Kennicott: descubre esta xoia da iluminación medieval co comisario Manuel Gago e ollando un dos magníficos facsímiles desta Biblia sefardí única, creada na Coruña.

'VISITA FIADA' A TRAVÉS DE TWITTER

Visita comentada en liña da man de Miguel Ángel Cajigal (@elbarroquista) e Xoán Escudero (@FAremberg), dous dos nosos compañeiros do Servizo de Educación, Mediación, Información e Asistencia ao público do Museo Centro Gaiás. Grazas ao seu enxeño emprendemos un divertido percorrido por algunhas das pezas imprescindibles desta exposición única e descubrimos as historias que agochan. Se non a seguiches en directo a través da nosa canle en Twitter, podes recuperala aquí:

AS HISTORIAS DE GALICIA, UN RELATO NO MUNDO, NO NOSO BLOG

Achégate a través do noso blog a algunhas das obras emblemáticas da exposición e tira dos fíos das historias que conectan Galicia co mundo a través dos tempos: