Visita virtual a Galicia, un relato no mundo

Galicia, un relato no mundo continúa o seu percorrido grazas ás novas tecnoloxías! Para achegar os seus contidos a todas as persoas visitantes que, debido ao peche do Museo Centro Gaiás, quedaron sen posibilidade de descubrir a exposición de maior éxito da Cidade da Cultura, lanzamos unha visita virtual para gozar dela desde a pantalla. Preme AQUÍ e comeza a viaxe

A mostra, que pechou as súas portas oficialmente o 12 de abril --aínda que non puido recibir visitas desde o 13 de marzo por mor do peche dos museos declarado pola pandemia do COVID-19-- recibiu un total de 43.035 visitantes, o que supón unha media de 426 visitantes ao día, cifra récord no rexistro do Museo Centro Gaiás. Pese a pecharse ao público un mes antes do programado, a mostra sitúase como a exposición coas mellores cifras de todas as programadas na Cidade da Cultura desde a súa inauguración e acredita o excepcional interese do público por afondar no coñecemento da historia de Galicia.

A visita virtual dá continuidade a esta exposición máis alá do Museo Centro Gaiás, ofrecendo a posibilidade de navegar desde o ordenador ou dispositivos móbiles entre as máis de trescentas pezas da exposición e seguir a descubrir abraiantes conexións de Galicia co resto mundo, así como os segredos que rodean xoias como a Biblia Kennicott, a Santa de Asorey ou o Guerreiro de Lesenho.

Ademais, a visita virtual incorpora un ampla variedade de contidos extra para enriquecer a experiencia, como vídeos con explicacións por parte do comisario, Manuel Gago, ou dos técnicos do Servizo de Educación, Mediación, Información e atención ao visitante da Cidade da Cultura.

 
Exposicións
 
26 XUÑ - 25 OUT
De 10 a 20 horas
Ata o 30 de agosto
De 10 a 20 horas
ATA O 30 SET
De 9 a 21 horas
22 XUL 2020 - 10 XAN 2021
De 10 a 20 horas
OUT 2020 - XAN 2021