A Cidade da Cultura acolle hoxe e mañá a sexta edición de Pequefilmes, o festival de curtametraxes organizado pola Xunta no que as nenas e nenos son o público principal e tamén o xurado encargado de valorar os máis de 80 filmes que se proxectan no Gaiás. Os auditorios 1 e 2 do Edificio CINC transfórmanse en salas de cinema para ver en pantalla grande o mellor cinema internacional para o público infantil.
A Xunta de Galicia inaugurou hoxe na Biblioteca de Galicia a exposición en homenaxe a Reimundo Patiño neste 2022 polo Día da Ilustración. Ata o 10 de maio, poderá visitarse no Gaiás a mostra que fai un percorrido polas facetas do autor e pintor coruñés, con especial fincapé na banda deseñada, eido no que é considerado un dos pioneiros en Galicia.
A Xunta fomenta a creación de novos públicos para o cinema cunha nova edición do festival de curtametraxes Pequefilmes, que este ano se consolida como polo de atracción das mellores pezas audiovisuais para as audiencias infantís. Cunha programación que supera os 80 filmes procedentes de máis de 20 países, Pequefilmes é xa unha cita cultural imprescindible para as familias e tamén para creadores de todo mundo.
A Cidade da Cultura de Galicia despide o vindeiro domingo 9 de xaneiro a exposición Galicia futura. Todo o que imos ser, que chega á súa derradeira semana no Museo Centro Gaiás superando as 35.000 visitas e cunha media diaria de arredor de 250.
A Cidade da Cultura acolle este luns 3 de xaneiro o último dos espectáculos incluídos na programación do Nadal no Gaiás deste ano, unha proposta de La Fiesta Escénica especialmente deseñada e construída para levar ao escenario a maxia dos circos e do Nadal. As familias asistentes poderán abraiarse con animais animatrónicos, creados coa aparencia e o movemento de animais de verdade, ademais de especialidades circenses como aéreos, equilibrios, acrobacias ou malabares.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 64
- 65
- 66
- 67
- 68
- 69
- 70
- 71
- 72
- …
- seguinte ›
- última »




