O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, avanzou esta mañá as liñas mestras do programa da Cidade da Cultura para este ano, co obxectivo de organizar 200 actividades nas que participen máis de 250.000 persoas, e coa cifra récord de 25 exposicións, cunha decena de itinerancias en espazos fóra do Gaiás que chegarán a cidades como París e Madrid e a diferentes cidades e vilas galegas.
A Xunta de Galicia arrinca esta fin de semana na Cidade da Cultura de Galicia a primeira das propostas da programación de inverno do ciclo Matinais Musicais.
A Xunta de Galicia, a través da Fundación Cidade da Cultura, amplía o programa de Residencias Artísticas do Gaiás á creación dixital e aos videoxogos coa Residencia COMTECART, promovida en conxunto coa Universidade de Vigo. A iniciativa permitirá a 17 estudantes e egresados recentes da universidade aproveitar os espazos e recursos da Cidade da Cultura para desenvolver proxectos de videoxogos baseados en obras literarias galegas.
A Cidade da Cultura acolle hoxe e mañá a sexta edición de Pequefilmes, o festival de curtametraxes organizado pola Xunta no que as nenas e nenos son o público principal e tamén o xurado encargado de valorar os máis de 80 filmes que se proxectan no Gaiás. Os auditorios 1 e 2 do Edificio CINC transfórmanse en salas de cinema para ver en pantalla grande o mellor cinema internacional para o público infantil.
A Xunta de Galicia inaugurou hoxe na Biblioteca de Galicia a exposición en homenaxe a Reimundo Patiño neste 2022 polo Día da Ilustración. Ata o 10 de maio, poderá visitarse no Gaiás a mostra que fai un percorrido polas facetas do autor e pintor coruñés, con especial fincapé na banda deseñada, eido no que é considerado un dos pioneiros en Galicia.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 66
- 67
- 68
- 69
- 70
- 71
- 72
- 73
- 74
- …
- seguinte ›
- última »




