A Xunta de Galicia comeza este mes na Cidade da Cultura a emisión do videopodcast Conversas na balea, un espazo de faladoiros que no seu primeiro capítulo, precisamente nesta semana na que se conmemora o Día Internacional da Muller, se achega ao ámbito da promoción e produción musical desde a óptica de dúas mulleres profesionais de peso no sector.
A Xunta inaugurou hoxe no Arquivo de Galicia, coincidindo coa celebración do 8 de marzo, a exposición Mulleres sobranceiras: entre a economía doméstica e o mundo empresarial. A mostra, que poderá visitarse ata finais de ano, pretende visibilizar o papel desenvolvido pola muller ao longo da historia na economía familiar, tanto no fogar como coa súa incorporación ao mundo laboral, e que quedou reflectido en documentación de diversa tipoloxía.
A Xunta deu a coñecer hoxe o programa de Residencias Artísticas do Gaiás deste ano (REGA 22) que se desenvolverá na Cidade da Cultura co obxectivo de apoiar o talento e dar visibilidade á creación contemporánea, tanto galega como internacional.
A Xunta de Galicia e Afundación inauguraron esta mañá en Lugo a primeira das itinerancias da mostra Galicia futura. Todo o que imos ser, enmarcada na programación do Xacobeo 21-22. A exposición, artellada como un diálogo entre arte, ciencia, tecnoloxía e creatividade, chega á capital luguesa tras ser visitada por preto de 36.000 persoas durante a súa estancia na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela.
A Xunta vén de lanzar a segunda edición da Residencia Literaria da Cidade da Cultura para apoiar o e acompañar a autoras e autores inéditos no desenvolvemento dos seus proxectos literarios. Baixo a dirección do escritor Javier Peña, a residencia convoca o talento emerxente de Galicia para compartir espazo, tempo e aprendizaxes con dúas figuras recoñecidas das letras actuais, Marta Sanz e Ledicia Costas, durante dúas semanas de estadía no Gaiás.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 62
- 63
- 64
- 65
- 66
- 67
- 68
- 69
- 70
- …
- seguinte ›
- última »




