O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, referiuse hoxe ao coñecemento, á innovación, á tecnoloxía e ao rigor e á capacidade como vectores clave para abordar os retos globais.
A Xunta de Galicia, a través do encontro internacional Carta de Santiago, procura estes días respostas a grandes desafíos da sociedade actual como as migracións masivas, o cambio climático ou a alimentación das macro-urbes. Este foro de reflexión e debate, organizado polo Goberno galego en colaboración coa Fundación Paideia Galiza e no marco do Xacobeo 21-22, congrega hoxe no Gaiás a nomes como o da emprendedora francesa Joséphine Goube, co-fundadora e directora executiva de Techfugees for Impact.
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, inaugurou hoxe no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura O Camiño Portugués. Lembranzas de mar e pedra, unha exposición composta dunha selección de 120 fotografías do século XIX ao XXI que percorren o Camiño desde O Porto a Santiago de Compostela da man de figuras consagradas e emerxentes da arte fotográfica.
A Xunta inaugurou hoxe na Cidade da Cultura unha exposición coa que se celebran os 10 anos da posta en marcha da Biblioteca de Galicia no Gaiás. Unha década na que a institución conseguiu converterse nun referente cultural custodiando importantes coleccións constituídas por documentos tan antigos como os incunables Libro de las propiedades de las cosas (1494) ou Sermones de patientia in Job (1471).
A Xunta de Galicia vén de recoñecer o proxecto Unha biblioteca para Xela, da Biblioteca Pública Municipal Xela Arias de Chapela (Redondela), co IV Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia, que ten como obxectivo impulsar e pór de relevo os proxectos e boas prácticas innovadoras levadas a cabo polas bibliotecas e axencias de lectura públicas municipais.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 68
- 69
- 70
- 71
- 72
- 73
- 74
- 75
- 76
- …
- seguinte ›
- última »




