A Cidade da Cultura acollerá do 10 ao 12 de xuño o Serán’03, no que se darán cita ao redor dun milleiro de artistas e intérpretes de música e baile tradicional no maior evento organizado ao redor da pandeireta.
A Cidade da Cultura volve acoller, tras dous anos de parón, unha das súas actividades ao aire libre máis vistosas e saudables, a Holi Gaiás. A carreira celebrarase o sábado 4 de xuño, ás 11.00 horas, nos exteriores do complexo, cun percorrido de 5 kilómetros para a cativada e as persoas adultas.
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe no Museo do Mar de Galicia O Camiño Portugués. Lembranzas de mar e pedra, unha exposición que se asoma, a través de 120 fotografías do século XIX ao XXI, ás realidades, paisaxes e patrimonio da ruta xacobea que une as cidades do Porto e Santiago de Compostela.
A mostra itinerante Percorrer o tempo. Visións contemporáneas do Camiño, organizada pola Xunta en colaboración coa Fundación “la Caixa”, recala desde hoxe na Cidade da Cultura como última parada do seu percorrido pola xeografía galega. A exposición reúne dez traballos de fotografía e vídeo de artistas actuais, tanto galegos como de fóra do país, que presentan unha nova ollada audaz e orixinal sobre a Ruta Xacobea.
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade deu a coñecer os nomes dos 40 creadores e creadoras emerxentes seleccionadas para participar no seu XII Encontro de Artistas Novos, #EAN12.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 61
- 62
- 63
- 64
- 65
- 66
- 67
- 68
- 69
- …
- seguinte ›
- última »




