O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou esta mañá na Biblioteca de Galicia a exposición María Antonia Dans, a maxia da cor, a proposta central na programación da Xunta para celebrar o Día da Ilustración. A mostra bibliográfica, que pode verse na entrada deste edificio da Cidade da Cultura ata mediados de maio, reúne máis de 30 pezas entre libros, debuxos, prensa ou revistas.
A exposición Ferrol no tempo, organizada pola Xunta de Galicia, a través da Cidade da Cultura, e por Afundación, pechou as súas portas o pasado sábado na sede desta última entidade con 7.130 visitantes. A mostra, inaugurada o 18 de novembro, reuniu 115 pezas entre obras de arte, fotografías, documentos e mapas históricos e obxectos inzados de simbolismo, construíndo un relato único sobre a historia dunha urbe que embarcou a Galicia na modernidade.
A Xunta de Galicia avanzou hoxe o programa de actividades da Cidade da Cultura para o primeiro semestre deste ano, no que destacan unha vintena de exposicións e intervencións artísticas e paisaxísticas, o reforzo do seu programa de residencias e unha destacada aposta pola itinerancia dos seus contidos culturais, que chegarán a cidades como París, Cáceres, A Coruña, Lugo ou Vigo.
A Cidade da Cultura volve acoller en xaneiro unha selección do mellor cine dirixido ao público miúdo máis esixente coa sétima edición de Pequefilmes. O festival internacional de curtametraxes infantís proxectará no Gaiás un total de 65 obras, procedentes dunha vintena de países, na fin de semana do 28 e 29 de xaneiro.
A Cidade da Cultura despide 2022 superando o millón de visitas e coa cifra récord de 28 exposicións organizadas nun mesmo ano, un máximo que se acadou precisamente durante a celebración do décimo aniversario do Museo Gaiás. Co obxectivo de levar os seus contidos máis alá de Santiago de Compostela e ampliar o público que pode acceder a eles, as mostras exhibíronse non só nos espazos da Cidade da Cultura, senón tamén nunha decena de centros e museos doutras localidades.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 58
- 59
- 60
- 61
- 62
- 63
- 64
- 65
- 66
- …
- seguinte ›
- última »




