Volve o Nadal no Gaiás e iso merece unha festa! Un gran circo de Nadal con fabulosas acrobacias, coreografías e animais animatrónicos que vos deixarán sen alento... Todo un clásico de estas fechas! Un especial Nadal da Gramola Gominola: gorxas e cristas preparadas para vir rockear ao Museo! Obradoiros e contacontos ao carón da árbore nunha instalación inspirada no Nadal viquingo onde as cabras traen agasallos á cativada e o tizón de Yule arde toda a noite... E ata unha aventura virtual para ollar como vive o Apalpador, un obradoiro de monicreques, panxoliñas na Biblioteca de Galicia, ou o noso concurso de postais!
Preme en cada imaxe para descubrir toda a programación e ir pensando en retirar a entrada para as propostas que máis vos presten.
|
OBRADOIRO DE MONICREQUES |
|
.










