O Gaiás acollerá o Mercado das Industrias Culturais Atlánticas para abrir novas oportunidades de negocio con Arxentina e Portugal

O Gaiás acollerá o primeiro Mercado das Industrias Culturais Atlánticas (MICAtlántica) do 23 ao 26 de novembro co obxectivo de desenvolver circuítos de produtos e servizos culturais entre empresarios de Arxentina, España e Portugal a través de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de Setembro de 2013

Mercado de Industrias Culturais Atlánticas

O Mercado das Industrias Culturais Atlánticas é o primeiro encontro entre empresarios arxentinos, españoles e portugueses a través de Galicia co obxectivo prioritario de desenvolver as industrias culturais de dous territorios separados por un océano, mais unidos por unha historia común capaz de contribuír ao intercambio eo crecemento dos seus bens e servizos culturais.

A iniciativa proponse consolidar un futuro conxunto potenciando as propias identidades e creando circuítos de circulación con Galicia como porta de entrada para canalizar este intercambio no marco iberoamericano.

Gregory Porter actuará o 12 de novembro no Museo Centro Gaiás

Gregory Porter, considerado pola crítica como a mellor voz do jazz actual, actuará finalmente no Museo Centro Gaiás o vindeiro martes 12 de novembro.

Tras a cancelación da súa actuación, prevista para o 26 de xullo, por mor da traxedia ferroviaria que asolou Santiago de Compostela a noite do 24 de xullo; a Cidade da Cultura reprogramou un dos concertos máis esperados do ciclo Pel de Galiña, que finalmente celebrará a súa clausura o vindeiro 12 de novembro ás 21:00 horas.

Santiago de Compostela, 06 de Agosto de 2013

Vive a maxia do circo en Cidade Imaxinaria o vindeiro 24 de agosto

Cabezudos con rodas, ollos que voan, marionetas de carne e óso, magos que non saben facer maxia, titiriteiros, zancudos, pallasos, malabaristas… O vindeiro sábado 24 de agosto vive a maxia do circo a través de Cidade Imaxinaria, todo un día cheo de espectáculos, xogos e obradoiros ao aire libre para toda a familia.

Galego

Cidade Imaxinaria

Cabezudos con rodas, ollos que voan, marionetas de carne e óso, magos que non saben facer maxia, titiriteiros, zancudos, pallasos, malabaristas... O sábado 24 de agosto de 2013, o Gaiás volverá converterse nunha Cidade Imaxinaria, todo un día cheo de espectáculos, xogos e obradoiros ao aire libre para toda a familia. 

De 11:30 a 20:30 horas, a Cidade da Cultura volverá ao mundo da maxia, o teatro e o xogo nun ambiente cheo de cor, humor e música no que gozarán grandes e pequenos.

Alejandra Sampedro converte as Torres Hejduk no vello faro de Cabo Silleiro a través da intervención artística 'Mar de Crebas'

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús vázquez Abad, inaugurou esta tarde no Gaiás a exposición Mar de Crebas, unha intervención da artista emerxente Alejandra Sampedro que ata o 3 de novembro converterá as Torres Hejduk no vello faro de Cabo Silleiro, en Baiona.

Santiago de Compostela, 01 de Agosto de 2013

Iberdrola financia a nova iluminación das Torres Hejduk do Gaiás, que fará visible a Cidade da Cultura desde varios puntos de Compostela

O conselleiro de Cultura Educación, Xesús Vázquez Abad, e a firma eléctrica inauguraron hoxe o xogo de luces coas cores de Galicia, que poderá verse desde diferentes puntos da capital galega
O proxecto, xestionado pola Cidade da Cultura, busca poñer en valor o maior complexo cultural de Galicia

Santiago de Compostela, 23 de Xullo de 2013

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS