Baile de Entroido Chinés

Entradas esgotadas

A Cidade da Cultura convídavos a celebrar o Aninovo chinés nun divertido Baile de Entroido que contará coa tradicional Danza do León e a música en directo da banda de rock A Gramola Gominola.

Coincindo co inicio do novo ano chinés, a Cidade da Cultura aproveitará o ‘Baile de Entroido’ para renderlle unha homenaxe a esta cultura, convidando a todos os asistentes a caracterizarse con roupas orientais ou con calquera outra máscara ou disfraz.

Ademais, o público poderá sorprenderse cos movementos da ‘Danza do León’, baile habitual nos festexos da celebración do novo ano en China e nas réplicas que se celebran en todo o mundo. Músicos en directo acompañarán aos catro acróbatas que executarán a danza baixo dúas estruturas en forma de leóns, que se moverán entre o público para repartir sorte para este 2016.

O Baile de Entroido Chinés, que terá lugar no Centro de Innovación Cultural, contará coa música en directo da banda para nenos A Gramola Gominola, que fará un repaso pola Historia da Música Moderna. Da man de Paula Romero (voz), Ro Muñoz (batería), Anxelo de Xermar (baixo) e Paco Cerdeira (guitarra), grandes e pequenos poderán gozar dos mellores temas da música contemporánea, aglutinando todos os xéneros: punk, heavy metal, pop, blues, reggae e, por suposto, rock.