Poesía pintada, poesía contada | Obradoiro en conmemoración do día de nacemento de Rosalía de Castro

Poesía contada, poesía pintada é unha actividade na que a poeta Emma Pedreira nos lanza unhas preguntas: coñeces a Rosalía de Castro? Gústache a poesía? NON? Pois daquela esta é a túa actividade! (Bueno, e se che gusta tamén). Unha proposta para celebrar na Biblioteca de Galicia o día do nacemento de Rosalía de Castro, na que Emma Pedreira convida á cativada —acompañada dunha persoa adulta responsable— a pintar mentres ela conta.

A través de poemas, relatos e cancións, achegarémonos á figura de Rosalía de Castro dun xeito diferente: escoitando, imaxinando e creando. Mentres as palabras soan, as mans traballan: ilustramos, pintamos, estampamos e facemos colaxes para descubrir que a poesía non é algo difícil nin afastado, senón un lugar distinto ao que podemos entrar coas nosas propias cores.

Emma Pedreira é filóloga, escritora e artista plástica, autora de máis de dez títulos e galardoada con premios como o da Crítica Española, o Xerais, o Fiz Vergara Vilariño ou o Jules Verne. O seu libro máis recente, Inventaria. Poesía reunida 1999-2009, recolle os seus primeiros dez anos de andaina poética e amosa a forza dunha voz propia e singular.

Un obradoiro para escoitar, experimentar e crear un pequeno libriño de poesía pintada que cada participante poderá levar para a casa: unha maneira diferente e viva de celebrar a palabra.

 

 
En familia
 
27, 28 Feb e 1 Mar
Mañá e tarde
27, 28 Feb e 1 Mar
Mañá e tarde
27, 28 Feb e 1 Mar
Mañá e tarde
27, 28 Feb e 1 Mar
27, 28 Feb e 1 Mar
14 Mar 2026
De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas