Roteiros de primavera

Natureza, deporte e coñecemento. Para recibir a primavera, a Cidade da Cultura convídate a descubrir o seu rico patrimonio natural a través duns roteiros guiados polas zonas verdes do complexo. Unha andaina de pouco máis dunha hora de duración na que ademais de camiñar polo monte, coñecerás a flora que poboa o Monte Gaiás ao tempo que descubres características, anécdotas e lendas asociadas a cada especie.

Os Roteiros de Primavera preséntanse como unha visita de interpretación da natureza onde coñecer as diferentes especies arbóreas do Bosque de Galicia, gozar do poético Xardín Literario con vistas á catedral ou descubrir os segredos do Parque do Lago.

Ao rematar o roteiro os participantes poderán incorporarse á visita guiada da exposición Da árbore á Cadeira que estará dispoñible a partir do 8 de abril no Museo Centro Gaiás.

O 23 de xuño terá lugar un roteiro especial de San Xoán, que terá lugar ás 17 horas. Neste roteiro colleranse herbas de San Xoán, que deixaremos a macerar para lavar a cara ao día seguinte así ficar purificados e perfumados.

 
Visitar
 
8 Set 2022 - 20 Xuñ 2023
10.00 h | 11.00 h | 12.00 h | 13.00 h | 16.00 h
21 Out 2022 - 17 Abr 2023
11 Nov 2022 - 9 Abr 2023
De balde
Sábados, domingos, festivos e Semana Santa
31 Mar — 2 Abr / 4 — 9 Abr 2023
16.00 — 19.00 horas