Bareto

Considerada pola crítica como a banda líder da nova escola peruana, Bareto volve a Compostela tras o seu paso polo Womex coa cumbia e a música tropical alternativa que lle valeu dúas nominacións aos Grammy latinos.

Bareto nace no 2003 do encontro entre 6 músicos que unía o afán de explorar músicas populares peruanas e latinas e de mesturalas cos ritmos modernos do reggae e do rock. A busca da banda lévaa polo ska xamaicano, o son e o merengue pero rapidamente, sen deixar outras influencias, Bareto enfócase na cumbia selvática e o seu universo psicodélico.