C. Tangana

Por indisposición do artista, vémonos na obriga de aprazar o concerto de hoxe de C. Tangana ao vindeiro mércores, 26 de xullo. Desde a Cidade da Cultura lamentamos profundamente o malestar que esta cancelación, allea totalmente á organización, poida ocasionarvos.

Sen etiquetas, nin fronteiras, nin límites. Con esta filosofía, C. Tangana é hoxe unha das grandes figuras da música urbana nacional, cun hip hop que tende pontes cara outros xéneros como o pop alternativo, a electrónica ou o reggaeton.

Desde xullo do ano pasado - cando publicou o hit do verán xunto a Rosalía: 'Antes de morirme'-, o ascenso de C. Tangana foi imparable. No top 3 de Spotify España -máis de 6 millóns de reproducións en menos de 20 días con 'Mala Mujer'-, C. Tangana afianzou a súa carreira tras a súa flamante fichaxe por Sony e entrar directo á lista dos 40 Principales. Unha carreira que comezou en 2006 cunha primeira maqueta, que pasou polo colectivo Agorazein e que tivo en 2012 un primeiro pico co disco LOVE’S, tras o que C. Tangana pasou a un segundo plano ata que a finais de 2015 veu a luz 10/15, a célebre mixtape con bases de Drake coa que definitivamente se deu a coñecer na escena de hip hop e pop urbano nacional e máis aló.