Descubrir o Antigo Exipto nos nosos días | Faladoiro en liña

Con esta mesa redonda pretendemos dar a coñecer como son os labores de investigación e escavación que realizan na actualidade nas zonas do antigo imperio exipcio. Para iso, convidamos a dúas arqueólogas galegas que fan campañas habitualmente no país no Nilo para que compartan connosco as súas experiencias. 

Así, neste faladoiro en liña, coñeceremos o traballo arqueolóxico no Exipto dos Faraóns a partir da experiencia en Luxor de Isolina Lorenzo, nos traballos de escavación e restauración da tumba do misterioso Visir Amen-Hotep, Huy. Por outra banda, adentrarémonos nas campañas fóra dos grandes centros arqueolóxicos viaxando da man de Vanesa Trevín e o Sikait Project ao Mons Smaragdus (a montaña de esmeraldas), un complexo mineiro a carón do Mar Vermello que se remonta á época ptolemaica e que tras a conquista por parte de Roma se converteu no único provedor de esmeraldas de todo o imperio romano. A conversa estará conducida pola xornalista Marta Gómez.

Participan

Isolina Lorenzo Fernández é arqueóloga e historiadora, integrante do Instituto de Estudos do Antigo Exipto desde 2014. Entre 2016 e 2019 participou nas escavacións arqueolóxicas e traballos de restauración da tumba AT28 do misterioso Visir Amen-Hotep, Huy, monumento de altísima importancia arqueolóxica, histórica e artística por pertencer ao reinado de Amen-Hotep III, e especificamente a un lapso de tempo que pasa por ser un dos momentos máis axitados do Imperio Novo. Sobre este momento histórico existe un importante baleiro de coñecemento debido á destrución de numerosos restos arqueolóxicos por parte dos partidarios da nova relixión atoniana, xa que o período no que o faraón Amen-Hotep IV (Akhenaton) tivo a súa residencia en Tebas, está na máis completa escuridade da exiptoloxía.

Vanesa Trevín Pita é licenciada en Historia pola USC e especializada na xestión do patrimonio cultural, traballa como arqueóloga profesional dende 2012. Actualmente é directora das escavacións arqueolóxicas do Castro de Doade (Lalín, Pontevedra), e representa xunto con outros compañeiros a iniciativa empresarial CADO Arqueoloxía dende 2019. A súa vinculación coa arqueoloxía en Exipto comezou en 2014 coa participación no Berenike Project (prospeccións arqueolóxicas e escavación vinculada ao porto ptolemaico e logo romano de Berenike. A partir de 2016, inicia un novo proxecto da man de compañeiros da Universidade Autónoma de Barcelona, chamado Sikait Project, que ten como base a investigación das minas de esmeralda situadas na zona do Mons Smaragdus, no que continúa a participar ata o día de hoxe.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
3 out 2026
De 17:00h a 22:30