Programa de actividades ao redor da exposición 'Faraón. Rei de Exipto'

Obradoiros sobre papiros, xincanas de enigmas en formato escape room, faladoiros sobre arqueoloxía, conferencias ou visitas en liña compoñen o programa de actividades divulgativas e de lecer da exposición Faraón. Rei de Exipto, dirixidas a que todo o público poida tirar o máximo partido desta mostra que está a bater marcas de afluencia no Museo Gaiás.

Combínanse propostas divulgativas para achegar ao público xeral os contidos da exposición da man de especialistas na materia con outras máis lúdicas, dirixidas a un público familiar e concibidas para favorecer o tempo de lecer compartido entre persoas adultas e cativada.

Actividades de divulgación

Webinario: introdución á escrita xeroglífica 

  • Sábado 8 de maio | 12 h | Emisión en liña no Youtube da Cidade da Cultura

Achégate á escrita xeroglífica, entende o seu funcionamento e as principais claves para descifrala da man de César Guerra, historiador da arte e exiptólogo.

Preme AQUÍ para máis información.

Faladoiro: Descubrir o Antigo Exipto nos nosos días

  • Sábado 29 de maio | 12 h | Emisión en liña no Youtube da Cidade da Cultura

Con esta mesa redonda pretendemos dar a coñecer como son os labores de investigación e escavación en Exipto, convidando a arqueólogas galegas que fan campañas habitualmente no país no Nilo para que relaten as súas experiencias.

Preme AQUÍ para máis información.

Conferencia de Marie Vandenbeusch, comisaria da exposición

  • Xoves 10 de xuño | Presencial e en liña

Marie Vandenbeusch, comisaria de Faraón. Rei de Exipto e comisaria de proxectos no departamento de Antigo Exipto e Sudán do British Museum, impartirá unha conferencia plenaria na que aportará a súa visión como especialista máxima das pezas exhibidas para comprender mellor a forma de vida e o contexto dos gobernantes do Val do Nilo.

Preme AQUÍ para máis información e inscribirte.

Visita comentada en liña

  • Sábado 12 de xuño | 12 h | Emisión en liña

Visita en liña para que todas as persoas interesadas poidan conectar en directo co persoal de guías do Museo Centro Gaiás para coñecer os contidos máis destacados da exposición. 

Preme AQUÍ para inscribirte.

Lecer en familia

'Escape room' do Faraón

  • 29 e 30 de xuño e 1 de xullo | 17 h | Museo Centro Gaiás

Convértédevos en intrépidos exploradores e exploradoras para conseguir resolver todos os enigmas propostos nunha visita á exposición diferente, na que para poder saír da sala non poderá quedar ningún misterio por resolver. 

INSCRICIÓNS AQUÍ

Programa de visitas comentadas

Visitas comentadas regulares

O Museo Centro Gaiás ofrece de balde e con reserva previa visitas guiadas á exposición todos os venres, sábados e domingos, quendas que a partir de xullo e ata o remate da exposición o 15 de agosto se ampliarán a todos os días da semana. Actualmente, en cumprimento das medidas sanitarias, as visitas realízanse en grupos reducidos de catro persoas e só con reserva previa, que podes realizar premendo neste enlace. As quendas de reserva ábrense todos os xoves para a seguinte semana. 

Visitas didácticas para centros de ensino

Activas as inscricións (premendo aquí!) para as visitas didácticas por videoconferencia dirixidas a centros escolares e emitidas desde o Museo Gaiás. Destinadas a alumnado de segundo e terceiro ciclo de Educación primaria, ESO, Bacharelato e tamén de ciclos formativos. 

 
Visitar
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h
23 Abril 2024
De 9.00 a 21.00 horas