Nos obradoiros de Pequefilmes poderedes aprender en familia técnicas e conceptos fundamentais no proceso de creación cinematográfica e na animación. Uns coñecementos que poderedes seguir desenvolvendo posteriormente nos vosos fogares para divertirvos creando xuntos pequenas películas.
OBRADOIRO DE STOP-MOTION CON OBXECTOS
Imos animar o noso propio Pequefilmes! Neste obradoiro combinaremos técnicas de animación fotograma a fotograma coa creación de personaxes modeladas, debuxadas e recortadas, que cobrarán vida nunha peza inspirada nos roles de “vagalumes”, “miñocas” e “fanecas” do festival.
- Prezo: 3 euros por sesión (as persoas adultas acompañantes non pagan entrada)
- Duración do obradoiro: 45 minutos
- 10 nenos/as por sesión acompañados/as dunha persoa adulta
- Idades: +5 anos
- Sábado 26: 11:15h | 12:30h | 16:30h | 17:45h | 19h
- Domingo 27: 11:15h | 12:30h
- Aula 1. Museo Centro Gaiás. Andar 0
- Imparte o obradoiro: Juan Lesta
OBRADOIRO DE CONSTRUCIÓN DUN PROXECTOR DE CINE CASEIRO
Queres montar unha sala de cine na casa por pouco diñeiro? Unha caixa de zapatos, botellas de plástico e un pouco de maña é todo o que precisas. Ven construír o teu propio proxector caseiro para gozar ao grande das túas películas favoritas.
- Prezo: 3 euros por sesión (as persoas adultas acompañantes non pagan entrada)
- Duración do obradoiro: 45 minutos
- 10 nenos/as por sesión acompañados/as dunha persoa adulta
- Idades: +5 anos
- Sábado 26: 11.30h | 12.45h | 16.45h | 18.00h | 19.15h
- Domingo 27: 11.30h | 12.45h
- Aula 2. Museo Centro Gaiás. Andar 0
- Imparte o obradoiro: Mónica Areán
- Os/as participantes deberán traer unha caixa de zapatos baleira para facer cadanseu proxector






























