Serán'04 | Masterclass: “Iniciación á pandeireta para persoas con discapacidade” con María Criado

María Criado comezou no mundo da  tradición no ano 1979, asistindo ás clases da escola en xacarandaina e facendo recollidas de campo dende o ano 1989. Na década dos 90 pasou a formar parte do grupo de música tradicional xacarandaina, no que permaneceu ata o ano 2018. Impartiu tamén clases de pandeireta e canto na escola de xacarandaina e en diversas  asociacións e concellos de Galicia. Colaborou tamén co grupo Radio Cos e nunha xira co gaiteiro Carlos Núñez. Dende 2016 leva traballando como técnico/especialista en Aspronaga (Asociación Pro Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia).

As masterclasses do Serán'04 tratan cuestións peculiares ou moi especializadas de técnica vocal, pandeireta, percusión ou danza, e co profesorado máis destacado do momento: Xosé Lois Romero, Felisa Segade, Olga Kirk, Montse Rivera, Luis Prego, Xurxo Fernándes, María Vidal ou Serxio Cobos, entre outros. Nesta edición inclúense contidos novidosos como unha clase de iniciación bordado ao cargo do mosdisto e especialista en traxe tradicional, Álex Regueiro. Podes ver o programa completo do encontro e os diferentes contidos formativos premendo AQUÍ.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027