Serán'04 | Masterclass: “Técnica vocal para o canto tradicional” con Ana Edreira

Ana Edreira é mestra de canto e percusión tradicional galega, grao 8 no método Rock School España, directora das pandeireteiras de Xacarandaina e investigadora da nosa tradición a través da recollida de campo. Nesta masterclass afondaremos na técnica vocal e nas técnicas de respiración aplicadas ao repertorio tradicional galego, para cantar con máis comodidade, expresividade e coidado da voz.

As masterclasses do Serán'04 tratan cuestións peculiares ou moi especializadas de técnica vocal, pandeireta, percusión ou danza, e co profesorado máis destacado do momento: Xosé Lois Romero, Felisa Segade, Olga Kirk, Montse Rivera, Luis Prego, Xurxo Fernándes, María Vidal ou Serxio Cobos, entre outros. Nesta edición inclúense contidos novidosos como unha clase de iniciación bordado ao cargo do mosdisto e especialista en traxe tradicional, Álex Regueiro, ou unha de iniciación á pandeireta para persoas con discapacidade. Podes ver o programa completo do encontro e os diferentes contidos formativos premendo AQUÍ.

 
 
28 Out 2025 — 5 Abr 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h