#MesD formación en competencias para a transformación dixital

O Centro GaiásTech da Cidade da Cultura acolle no mes de xaneiro tres cursos de formación en competencias para a transformación dixitais impartidos no marco do Programa Crear Futuro da iniciativa Profesionais Dixitais de Red.es, cuxo fin é mellorar a empregabilidade, impulsando e favorecendo a adquisición de competencias para a transformación dixital grazas ao manexo das novas tecnoloxías dixitais. 

As actuacións deste programa están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) para o período 2014-2020 con cargo ao Programa Operativo de Emprego, Formación e Educación (POEFE) e en particular dentro do obxectivo temático 8 para “promover a sustentabilidade e a calidade do emprego e favorecer a mobilidade laboral”.

As sesións formativas desenvolveranse en modalidade presencial no Centro GaiásTech e están dirixidas a persoas ocupadas e tamén desempregadas (en menor proporción), que participen nos procesos de dixitalización e transformación dixital das súas empresa, profesionais que requiran actualizar a súa formación e incorporar as competencias dixitais para mellorar o seu desenvolvemento ou situación laboral e aqueles con inquietude emprendedora ou que aspiren a iniciar novos negocios dixitais. 

Ecosistema emprendedor. 18 xaneiro 2022

Data: 18 xaneiro 2022

Obxectivos do curso:

  • Analizar os distintos conceptos do ecosistema emprendedor.
  • Coñecer os diferentes axentes que operan no mercado e que poden axudar na creación e desenvolvemento dunha empresa.
  • Traballar e practicar as diferentes técnicas de ideación e resolución de problemas que proporciona o Design Thinking.
  • Identificar as diferentes fórmulas de financiamento de proxectos e ideas dispoñibles, tanto novas como xa coñecidas.

Proposta de valor e modelo de negocio.

Data: 20 de xaneiro 2022

Obxectivos do curso:

  • Coñecer e analizar os diferentes modelos de negocio e dominar a xeración de ingresos e a xestión de custos.
  • Identificar as ferramentas e habilidades que hai que ter en conta ao traballar cos socios. Pros, contras e precaucións.
  • Practicar algunhas metodoloxías de xestión de proxectos que están a transformar as empresas nos últimos anos.

Como conseguir os primeiros clientes

Data: 25 xaneiro 2022

Obxectivos do curso:

  • Conseguir clientes que se manteñan fieis á marca mediante estratexias de fidelización eficaces.
  • Comprender o papel do cliente nun contorno dixital e valorar as técnicas para implementar unha estratexia de mercadotecnia dixital.
  • Comprender a importancia de medir resultados e optimizar as accións en liña como proceso de mellora continua para acadar obxectivos empresariais, mediante o deseño e implementación dunha campaña de captación de clientes.

Ao remate de cada formación, poderase obter un “certificado de curso” que se enviará a aqueles participantes que superen con éxito a avaliación final do curso.

Para coñecer as condicións de participación e solicitar a inscrición consulta a seguinte ligazón. 

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
15 Out 2026 — 10 Xan 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
4 Nov 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Do 12 Nov - 13 Mar 2027
14 e 15 Nov 2026
Ás 18:00 h