O Centro GaiásTech da Cidade da Cultura acolle no mes de xaneiro tres cursos de formación en competencias para a transformación dixitais impartidos no marco do Programa Crear Futuro da iniciativa Profesionais Dixitais de Red.es, cuxo fin é mellorar a empregabilidade, impulsando e favorecendo a adquisición de competencias para a transformación dixital grazas ao manexo das novas tecnoloxías dixitais.
As actuacións deste programa están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) para o período 2014-2020 con cargo ao Programa Operativo de Emprego, Formación e Educación (POEFE) e en particular dentro do obxectivo temático 8 para “promover a sustentabilidade e a calidade do emprego e favorecer a mobilidade laboral”.
As sesións formativas desenvolveranse en modalidade presencial no Centro GaiásTech e están dirixidas a persoas ocupadas e tamén desempregadas (en menor proporción), que participen nos procesos de dixitalización e transformación dixital das súas empresa, profesionais que requiran actualizar a súa formación e incorporar as competencias dixitais para mellorar o seu desenvolvemento ou situación laboral e aqueles con inquietude emprendedora ou que aspiren a iniciar novos negocios dixitais.
Ecosistema emprendedor. 18 xaneiro 2022
Data: 18 xaneiro 2022
Obxectivos do curso:
- Analizar os distintos conceptos do ecosistema emprendedor.
- Coñecer os diferentes axentes que operan no mercado e que poden axudar na creación e desenvolvemento dunha empresa.
- Traballar e practicar as diferentes técnicas de ideación e resolución de problemas que proporciona o Design Thinking.
- Identificar as diferentes fórmulas de financiamento de proxectos e ideas dispoñibles, tanto novas como xa coñecidas.
Proposta de valor e modelo de negocio.
Data: 20 de xaneiro 2022
Obxectivos do curso:
- Coñecer e analizar os diferentes modelos de negocio e dominar a xeración de ingresos e a xestión de custos.
- Identificar as ferramentas e habilidades que hai que ter en conta ao traballar cos socios. Pros, contras e precaucións.
- Practicar algunhas metodoloxías de xestión de proxectos que están a transformar as empresas nos últimos anos.
Como conseguir os primeiros clientes
Data: 25 xaneiro 2022
Obxectivos do curso:
- Conseguir clientes que se manteñan fieis á marca mediante estratexias de fidelización eficaces.
- Comprender o papel do cliente nun contorno dixital e valorar as técnicas para implementar unha estratexia de mercadotecnia dixital.
- Comprender a importancia de medir resultados e optimizar as accións en liña como proceso de mellora continua para acadar obxectivos empresariais, mediante o deseño e implementación dunha campaña de captación de clientes.
Ao remate de cada formación, poderase obter un “certificado de curso” que se enviará a aqueles participantes que superen con éxito a avaliación final do curso.
Para coñecer as condicións de participación e solicitar a inscrición consulta a seguinte ligazón.