Galicia, de Nós a nós

Galicia, de Nós a nós será a exposición máis ambiciosa realizada ata agora sobre a Xeración Nós. Proponse amosar ante a sociedade a trascendencia do que, xunto ao Rexurdimento, é probablemente o momento histórico máis relevante de conformación da cultura e identidade galega.

Será a segunda das tres grandes exposicións programadas pola Xunta de Galicia con motivo do Xacobeo 2021, despois de Galicia, un relato no mundo, na que se abordaban os grandes fitos da historia de Galicia. Esta nova exposición pón o foco na Xeración Nós para continuar esa viaxe, e levarnos desde o tempo dos considerados pais do galeguismo contemporáneo ata os nosos días. O proxecto reivindicará a vixencia de principios defendidos pola Xeración Nós, como a dimensión universal da cultura galega, a necesidade de ter unha voz propia no mundo e o carácter aberto e integrador de Galicia.

Comisariada por Afonso Vázquez-Monxardín Fernández e Ana Acuña Trabazo, representa tamén o proxecto central do Goberno galego na programación do Ano Nós, co que se conmemoran os cen anos da publicación do primeiro número da revista Nós, que viu a luz o 30 de outubro de 1920. A conmemoración do seu centenario ofrece unha oportunidade clave de servir como elemento que aglutine e reforce unha personalidade galega actual propia, ilustrada, universalista, aberta ás correntes de pensamento mundiais, como foi a emanada daquela iniciativa editorial nos anos vinte e trinta. Este é o espírito co que nace este proxecto expositivo, que pretende ademais dar a coñecer polo miúdo unha revista que é un dos referentes imprescindibles da cultura galega do século XX.

 
Exposicións
 
26 XUÑ - 25 OUT
De 10 a 20 horas
Ata o 30 de agosto
De 10 a 20 horas
ATA O 30 SET
De 9 a 21 horas
22 XUL 2020 - 10 XAN 2021
De 10 a 20 horas