A Cidade da Cultura acolle o vindeiro 21 de abril o Día Mundial da Creatividade e a da Innovación, unha data coa que se quere poñer de manifesto a creatividade persoal de cada cidadán a nivel mundial. Esta xornada foi promovida polo deseñador publicitario Marci Segal de Toronto (Canadá) e a elección deste día coincide co nacemento dunha das mentes máis creativas da Historia: Leonardo da Vinci.
Programa
18:00 | Presentación e benvida aos participantes. Con Elba Pedrosa.
18:10 | A mellor versión da túa creatividade está no teu cerebro. D. Carlos Acuña Castroviejo, Catedrático Emérito de Neurociencia da USC e Académico da Real Academia de Medicina de Galicia.
18:40 | Creativación: Unha revolución na educación. Con D. Miquel Ángel Oliva, Director da Fundación para a Creativación.
19:00 | Peche do acto. Con D. Manuel Vila, Subdirector Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado da Xunta de Galicia.























