Este 3 de novembro, celebramos o Día da Lectura cun menú degustación moi especial na Biblioteca de Galicia. Unha proposta para descubrir novos sabores literarios, compartir recomendacións e deixarse sorprender polos libros.
Na carta haberá lecturas a baixa temperatura, reducións de recomendacións narrativas, maridaxes de poetas e glaseados de títulos imprescindibles. Non faltarán os clásicos petiscos nin as novidades para a sobremesa.
Para esta experiencia contaremos con tres «chefs» de excepción, que nos descubrirán os seus sabores literarios favoritos: o escritor Jorge Rodríguez Durán, autor de Carnívoras e domésticas; a divulgadora e bookstagramer Inés Arias, detrás da conta @cuncaelibros; e a escritora e artista multidisciplinar Lucía Aldao.




