Bienal Estatal de Circo

A Cidade da Cultura de Galicia será un dos espazos nos que se celebrará a Bienal Estatal de Circo (BEC!), que reunirá en Santiago de Compostela artistas, compañías e profesionais do sector durante catro días, xunto co Teatro Principal e o Salón Teatro.

[Consulta a programación completa AQUÍ]

O avance da programación inclúe 8 espectáculos, 6 showcases e 5 propostas work in progress, ademais de actividades dirixidas ao intercambio entre profesionais. O programa completo, cos horarios e os espazos de celebración, publicarase proximamente.

As inscricións profesionais xa están abertas. As persoas interesadas poden consultar o avance da programación e a información sobre a acreditación aquí.

A bienal contará tamén cun programa profesional con mesas de traballo, cafés PRO, obradoiros, presentacións de proxectos (pitching), espazos de networking e a entrega do Premio CircoRED. A iniciativa recolle a experiencia de Circo Presente Continuo, cuxa última edición, celebrada en 2023, reuniu 285 profesionais inscritos e 62 programadores e programadoras.

BEC! está impulsada por CircoRED, a Federación Estatal de Asociacións de Profesionais de Circo de España, que agrupa asociacións de 13 das 17 comunidades autónomas e representa máis de 850 profesionais. O proxecto conta co apoio do Ministerio de Cultura, da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, e do Concello de Santiago de Compostela, a través de Compostela Cultura. Tamén colabora a Asociación de Profesionais de Circo de Galicia (APCG).

Programación na Cidade da Cultura

Martes 24 nov 

  • 10:00h. Work in progress. Sophia y Elena / Que me quiten lo bailao (Lo Mul / Afany)
  • 11:00h. Mesas PRO
  • 13:00h. Espectáculo de rúa. AsSircópatas / Rogelio III (La Fête)
  • 15:30h. Obradoiro mediación aplicada / La Red
 
Mércores 25 nov 
  • 10:00h. Work in progress.Miguel Frutos / Proyecto Amasijo || Cía. Er(R)ata / Punto Nemo || Cía. Caí / 72 horas
  • 11:30h. Pitchings
  • 13:00h. Espectáculo de rúa. Kolektivo Konika / Matrimonio
  • 16:00h. Presentación de proxectos sectoriais
 
Xoves 26 nov 
  • 11.00h. Showcases. CiaCaïda Circ / Insània || Pistacatro Productora / Sen patrón || Henriko / Circo Cambuche || Bucraá Circus / Mahâra || Sirio Rubio / Grotte
  •  13.30. Actividade e vermú de despedida. Luis Lozano / Punto de encuentro: hoy nos conocemos
 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
15 Out 2026 — 10 Xan 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
4 Nov 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Do 12 Nov - 13 Mar 2027
14 e 15 Nov 2026
Ás 18:00 h