ARGALLAR | O taboleiro do xogo

O taboleiro é un universo arquitectónico, onde xogar libremente coas pezas xeométricas que atopas en Argallar: desde facer formas do plano do chan ata construír volumes (casa-cono, a cúpula- semiesfera...).

Neste espazo reinan o movemento e o tempo. É un lugar que promove a interacción social dos nenas e nenos, nunha fantasía común. Alén no espazo das caixas, as pezas xeométricas caracterízanse polos seus materiais e maneiras de posta en xogo, seguindo os principios dinámicos das súas formas.

Cada compartimento suxire sistemas para permitir a manipulación das fichas, dando espazo para os seus ensaios e incorporando información acerca da súa xeometría, das súas posibles combinacións, así como das percepcións menos tanxibles da arquitectura.

  • a. O debuxo do taboleiro

No chan do gran espazo, teremos o noso particular taboleiro de xogo libre. As formas suxerirán accións e xogos: o bosque, a praza, a escaleira- mariola... Exponse un percorrido que discorre pola sala, creando un circuíto de acontecementos, que se superpoñen uns sobre outros, achegándonos a novos xogos e experiencias.

  • b. A casa

O outro volume que xorde sobre o taboleiro, como unha peza de partida para o xogo, será o gran cono-casa, o espazo de reunión. Un cono de 7,2 m de altura e 4,8 metros de diámetro.

  • c. A parede de lousa 

Un volume negro coma a noite nunha esquina do taboleiro de xogo. Unha gran lousa onde expresarse libremente cobre tres paredes da sala, para debuxar en gran formato.