Sala de prensa

 
Santiago, 10 de Xuño de 2022
Serán'03. Fotos: Rocío Cibes

A Xunta de Galicia converte desde hoxe ata o domingo a Cidade da Cultura nun escaparate onde amosar o momento excepcional que está a vivir a música tradicional galega. A terceira edición do Serán.

Santiago, 10 de Xuño de 2022

O director xeral de Cultura da Xunta, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe no Gaiás, no Día Internacional dos Arquivos, a exposición Constelación Luz. Luz Pozo Garza (1922-2022), poesía, arte e vida, unha das actividades principais coas que o Goberno autonómico celebra o centenario do nacemento dunha das poetas galegas máis destacadas do século XX.

Santiago, 07 de Xuño de 2022
Presentación 'CARNE y ARENA'. Fotos: Óscar Corral

A Xunta achega a Galicia a instalación inmersiva de realidade virtual CARNE y ARENA (Virtualmente presente, Fisicamente invisible), un proxecto do cineasta mexicano Alejandro G. Iñárritu que explora a condición humana das persoas migrantes e refuxiadas, e que poderá visitarse este verán na Cidade da Cultura de Galicia.

Santiago, 06 de Xuño de 2022

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, inaugurou hoxe no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura A Vía da Prata. Aires do Sur, exposición que reivindica o patrimonio cultural e histórico do Camiño de Sevilla a Santiago de Compostela a través da ollada de 40 figuras clásicas e contemporáneas da fotografía. A mostra compón un carrusel de 140 imaxes que transitan séculos e vieiros por unha das rutas que mellor encarna a diversidade dos itinerarios xacobeos.

Santiago, 03 de Xuño de 2022

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e o director xerente de Afundación, a Obra Social ABANCA, Pedro Otero, inauguraron esta mañá Santiago de Compostela no tempo, exposición que nos convida a descubrir a identidade e herdanza cultural da capital galega a través dunha escolma de 100 pezas que narran un apaixonante e poliédrico relato sobre a orixe, historia e evolución desta cidade, así como do seu universo de costumes, relacións e vivencias.

Páxinas