A Xunta de Galicia vén de transformar as Torres Hejduk da Cidade da Cultura nun espazo de creación e estudio artístico a través da intervención A porta aberta, un proxecto vivencial, plástico e performático da artista galega Lúa Gándara (O Porriño, 1988).
O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional, e Universidades, Román Rodríguez, deulles esta mañá a benvida aos 40 creadores e creadoras que participan estes días no Gaiás na duodécima edición do Encontro de Artistas Novos Cidade da Cultura de Galicia, EAN12, unha cita para apoiar a arte emerxente e promover a creación contemporánea.
A Cidade da Cultura despide este domingo a exposición Obxectos de desexo. Surrealismo e deseño 1924-2020 que xa colleitou preto de 30.000 visitas desde a súa apertura no mes de abril. A mostra ofrece a posibilidade de contemplar unha das antoloxías sobre deseño contemporáneo e arte surrealista máis sobresaíntes.
A Cidade da Cultura pecha a programación de Atardecer no Gaiás 2022 con dous concertos, este xoves e venres, protagonizados por dúas bandas galegas, Caldo e Néboa, que reinterpretan a música tradicional con distintos estilos e sons, sendo dous dos máximos expoñentes da experimentación musical en Galicia.
A Cidade da Cultura pon en marcha este mes Olladas máxicas no Gaiás, unha nova actividade pensada para facilitar ás familias a conciliación nas semanas previas ao comezo do curso escolar, cando a oferta para nenas e nenos é máis reducida.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 56
- 57
- 58
- 59
- 60
- 61
- 62
- 63
- 64
- …
- seguinte ›
- última »




