A Xunta de Galicia lanza unha convocatoria para o aloxamento de proxectos e empresas culturais, sociais e tecnolóxicas no Centro de Emprendemento (CEM) da Cidade da Cultura. Poderán concorrer á mesma iniciativas emprendedoras e profesionais das industrias culturais e tecnolóxicas, así como entidades sen fins lucrativos, que busquen un espazo dinámico e creativo no que desenvolverse.
A Xunta de Galicia vén de dar a coñecer os proxectos beneficiarios da convocatoria das Residencias Artísticas do Gaiás – REGA para este ano 2022.
A Xunta programa na Cidade da Cultura tres novos concertos do ciclo Matinais Musicais para este outono que achegan ao público as últimas creacións musicais de vangarda, o jazz e impulsan o diálogo entre Xapón e Galicia a través da música. Serán tres actuacións nas mañás dos domingos o 25 setembro, o 23 de outubro e o 27 de novembro e as entradas pódense adquirir xa a través de Ataquilla.
A exposición fotográfica A Vía da Prata. Aires do Sur pecha as súas portas este domingo no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura logo de ser visitada por máis de 15.000 persoas desde xuño.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 55
- 56
- 57
- 58
- 59
- 60
- 61
- 62
- 63
- …
- seguinte ›
- última »




