Sonia Navarro Peralta vestirá de arte e moda as Torres Hejduk do Gaiás a través dunha nova intervención artística neste espazo arquitectónico do Gaiás. Do 2 de xuño ao 21 de agosto, esta creadora servirase da tradición téxtil galega para reivindicar o papel central da muller na estrutura familiar e social.
A Cidade da Cultura celebrará o Día das Letras Galegas cunha homenaxe cidadá a Manuel María a través dun espectáculo multimedia que inclúe lectura de poemas, música en directo, vídeo-creacións e ata un obradoiro de rap.
A Cidade da Cultura pon en marcha o VI Encontro de Artistas Novos, no que un total de corenta creadores emerxentes terán a oportunidade de dar a coñecer os seus traballos e debater ao redor da arte contemporánea ao longo de catro días de convivencia e intercambio de experiencias con outros axentes culturais.
Con motivo do encontro de emprendedores Galiemprende, unha ducia de centros educativos de toda Galicia (entre Centros Integrados de Formación Profesional e IES) expoñen hoxe os seus proxectos empresariais desenvolvidos ao abeiro da Rede de Viveiros de Empresa impulsados pola Consellería de Cultura e Educación en colaboración cos propios centros e co empresariado.
As Torres Hejduk da Cidade da Cultura iluminaranse esta noite de azul con motivo da celebración do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo baixo o lema Inclusión, tolerancia e respecto.
Tal e como ven sendo habitual nos últimos anos, a Cidade da Cultura súmase así ao movemento Light it up Blue, que tingue de azul monumentos emblemáticos de varias cidades para visibilizar este trastorno e amosarlle o seu apoio ás persoas con autismo e as súas familias.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 207
- 208
- 209
- 210
- 211
- 212
- 213
- 214
- 215
- …
- seguinte ›
- última »




