A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape, reforza a súa aposta polo emprendemento coa creación dunha nova aceleradora de proxectos relacionados coa industria audiovisual e o sector cultural galego, que se localizará na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.
A Cidade da Cultura de Galicia convida aos escolares galegos a ser parte do Spin 2016, o maior evento de emprendemento universitario de Iberoamérica, participando en obradoiros nos que descubrir e experimentar coa tecnoloxía.
A Cidade da Cultura dálle a benvida ao outono coa celebración dunha xornada para gozar en familia. Será o 24 de setembro cando nenos e maiores exploren o Bosque de Galicia para despois bailar ao son dos ukeleles da Ukestra do Medio nun Safari de outono que terá entrada libre e de balde.
O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, presentou esta mañá na Cidade da Cultura Homo Ludens, a intervención artística que Miguel Ángel Benjumea e Román Corbato realizaron no interior das Torres Hejduk. Este traballo resultou gañador no 2015 na convocatoria que realiza cada ano o Encontro de Artistas Novos (EAN), coa que convida os participantes a presentar un proxecto artístico nas Hejduk.
A Cidade da Cultura colaborará co WOS Festival na organización dun encontro ao redor do emprendemento e a innovación cultural. O WOS Festival preséntase como un evento de cultura urbana e vangardista que se celebra en espazos emblemáticos de Santiago de Compostela do 7 ao 10 de setembro, e que ten a programación musical como eixe da súa oferta, complementada con espectáculos de artes escénicas, exposicións e espazos abertos ao debate.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 208
- 209
- 210
- 211
- 212
- 213
- 214
- 215
- 216
- …
- seguinte ›
- última »




