A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon en marcha todos os martes de xullo no Gaiás un laboratorio creativo co que estimular as aptitudes artísticas dos máis pequenos a través de Deseños minúsculos, valores maiúsculos.
Atardecer no Gaiás, o ciclo de concertos e cine ao aire libre da Cidade da Cultura, volve este xoves, 7 de xullo, a poñerlle banda sonora ás tardiñas do verán. Por sexto ano consecutivo, a praza central do Gaiás convértese no mellor escenario no que gozar do solpor ao ritmo das bandas máis destacadas do momento. McEnroe, Novedades Carminha e Alondra Bentley serán os encargados de abrir unha carteleira, que este ano inclúe proxeccións audiovisuais como novidade.
A Cidade da Cultura de Galicia acollerá este domingo 10 de xullo o I Festival de Bandas Infantís e Xuvenís, un novo encontro musical no que participarán preto de 500 mozos e mozas instrumentistas procedentes de 11 agrupacións musicais galegas, co dobre obxectivo de avanzar na súa formación e de amosar o seu traballo ao público.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou esta mañá, durante a presentación do novo Centro de Excelencia en Intelixencia de Negocio de Hewlett Packard Enterprise, que a colaboración coa multinacional “é un paso importante para o desenvolvemento do Big Data en Galicia”.
A Fundación Villalar Castilla y León promove un encontro de artistas novos inspirado no formado do que se celebra na Cidade da Cultura desde setembro de 2011 da man de Rafael Doctor, un modelo que se ten levado con éxito a Uruguai e que este ano se replicará na cidade arxentina de Córdoba. A iniciativa que se celebra estes días en Segovia enmárcase nun acordo de colaboración entre a Fundación Villalar Castilla y León e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia que ten como obxectivo potenciar os artistas emerxentes.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 203
- 204
- 205
- 206
- 207
- 208
- 209
- 210
- 211
- …
- seguinte ›
- última »




