Sala de prensa

 
Santiago, 28 de Xullo de 2016

A Biblioteca e o Arquivo de Galicia, situados na Cidade da Cultura, albergarán a biblioteca e o arquivo persoal da poeta lucense e académica da lingua galega Luz Pozo Garza. O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, quixo agradecerlle hoxe á autora, nun acto que tivo lugar esta tarde no Gaiás, “a súa xenerosidade, amosada coa entrega sen condicións do seu enxoval literario”, e que demostra “a altura de miras” desta autora, “amosada ao longo da súa intensa e prolífica vida”.

Santiago, 27 de Xullo de 2016
Atardecer no Gaiás 2016

A última semana de xullo de Atardecer no Gaiás combinará música e cine ao aire libre na praza central da Cidade da Cultura.

Santiago, 22 de Xullo de 2016

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reafirmou hoxe o compromiso da Xunta para poñer o desenvolvemento tecnolóxico ao servizo da inclusión social; ao servizo dos maiores —o 25% da poboación galega— e ao servizo das máis de 300.000 persoas con discapacidade que hai na Comunidade. “Non imos deixar ninguén atrás”, aseverou, destacando que con este obxectivo nace Connecting for Good Galicia, que impulsará iniciativas emprendedoras de innovación social dixital con selo e acento galego.

Santiago, 22 de Xullo de 2016

A Fundación Cidade da Cultura dá a coñecer o nome dos corenta creadores seleccionados para participar no VI Encontro de Artistas Novos, que terá lugar do 28 de agosto ao 1 de setembro no Gaiás (consultar .pdf de descarga). O equipo dirixido por Rafael Doctor, director do EAN, destacou a calidade dos proxectos presentados para esta sexta edición, que recibiu un total de 246 solicitudes.

Santiago, 15 de Xullo de 2016
Xurxo Lobato

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, inaugurou no Gaiás a exposición Rostros do país, o novo traballo do recoñecido fotoxornalista galego Xurxo Lobato co que indaga na identidade galega. O conselleiro convidou a todos os galegos a visitar a mostra e ‘ler’ “a historia escrita en cada rostro”, a “indagar na nosa identidade e a reflexionar sobre aquilo que nos caracteriza como pobo cun lugar de seu na historia".

Páxinas