A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria promove desde hoxe ata o xoves no Gaiás o intercambio de ideas entre creadoras e creadores emerxentes na sexta edición do ‘Encontro de Artistas Novos Cidade da Cultura de Galicia’, no que un total de corenta participantes terán a oportunidade de dar a coñecer os seus traballos e debater ao redor da arte contemporánea.
A Cidade da Cultura despide esta semana a sexta edición do Atardecer no Gaiás e farao ao ritmo de tres bandas galegas e unha homenaxe a David Bowie. Con estas tres últimas citas, o Gaiás ponlle punto e final a 22 sesións de música e cine ao aire libre coas que animou as tardiñas deste verán.
A Cidade da Cultura ponlle banda sonora a esta fin de semana prefestiva con tres novas citas de Atardecer no Gaiás, o ciclo de música e cine ao aire libre do verán. O Atardecer no Gaiás arrancará o xoves cos galegos Cuerpo Astral, formado por Lúa Gándara (voz), Vanesa Castro (voz) e Iñaki López (música e voz).
Xa temos a lista definitiva dos 40 creadores emerxentes que participarán do 28 de agosto ao 1 de setembro na sexta edición do Encontro de Artistas Novos. Noraboa aos seleccionados!
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria converterá o vindeiro 20 de agosto o Gaiás nunha Cidade Imaxinaria na que grandes e pequenos viaxarán ao mundo do circo, da fantasía e da maxia de oriente.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 209
- 210
- 211
- 212
- 213
- 214
- 215
- 216
- 217
- …
- seguinte ›
- última »




