Unha app para dar a coñecer os produtos de pequenos produtores, artesáns e iniciativas locais e a aplicación da tecnoloxía 3D á repostería son os dous proxectos gañadores da cuarta convocatoria dos premios Emprende Gaiás-Sixto Seco.
GenDR, spin-off nada na Universidade de Santiago dedicada á farmacoxenómica foi un dos proxectos gañadores do Spin2016, o maior evento de emprendemento universitario de Iberoamérica, que se celebrou desde o xoves e ata hoxe na Cidade da Cultura.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria celebra que dous proxectos galegos se clasificasen hoxe para a fase final do Spin 2016, o maior evento de emprendemento universitario de Iberoamérica, que se celebra estes días na Cidade da Cultura e que concentra a 3.000 emprendedores de España, Portugal e América Latina.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, referiuse hoxe ao traballo conxunto entre emprendedores, universitarios, investigadores e inversores como a mellor ferramenta para seguir escribindo o futuro de Galicia. Así o expresaba o xefe do Executivo galego en funcións na inauguración de Spin 2016, un evento de emprendemento universitario que se está a celebrar en Santiago e que conta coa presenza de 3.000 asistentes, 20 países, 100 universidades, 100 inversores e 50 ponentes.
Máis de 3.000 persoas inscribíronse para asistir ao Spin2016, o maior evento dedicado ao emprendemento universitario, que se celebrará na Cidade da Cultura do 29 de setembro ao 1 de outubro. Desde hoxe xa non é posible rexistrarse no evento mais haberá retransmisión en directo que poderá seguirse a través de tv.spin2016.org.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 206
- 207
- 208
- 209
- 210
- 211
- 212
- 213
- 214
- …
- seguinte ›
- última »




