Sala de prensa

 
Santiago, 25 de Maio de 2018

Nomes imprescindibles do folclore galego daranse cita do 8 ao 10 de xuño na Cidade da Cultura no Serán’01, o I Encontro Galego de Cultura Popular: Baile e Música Tradicional, que nace para festexar a próxima declaración do baile galego como Ben de Interese Cultural (BIC) e que congregará a un milleiro de artistas en máis de 40 espectáculos. Artistas como Uxía, Susana Seivane, Budiño, Davide Salvado, Leilía, Ugía Pedreira...

Santiago, 25 de Maio de 2018

Todas as persoas interesadas na innovación educativa teñen unha cita hoxe e mañá na Cidade da Cultura de Galicia. O Museo Centro Gaiás convértese nun espazo para coñecer proxectos pedagóxicos innovadores que se están a desenvolver en Galicia e tamén fóra, promovendo unha mellor integración e concienciación da cativada nas aulas a través de abordaxes innovadoras como a música, a arte ou a maxia.

Santiago, 24 de Maio de 2018

A Cidade da Cultura de Galicia inaugurou hoxe Reb/veladas na paisaxe, un novo ciclo de intervencións artísticas nos espazos verdes do Gaiás co que se procura non só a posta en valor das súas zonas naturais —Bosque de Galicia e Parque do Lago

Santiago, 18 de Maio de 2018

A Cidade da Cultura de Galicia arranca hoxe venres a celebración durante dúas xornadas do Día dos Museos coa inauguración da exposición No Museo, pola cara.

Santiago, 11 de Maio de 2018
Bota a andar ‘Reb/veladas na paisaxe’, un ciclo de intervencións artísticas nos espazos verdes do Gaiás

A Cidade da Cultura de Galicia bota a andar Reb/veladas na paisaxe, un novo ciclo de intervencións artísticas nos espazos verdes do Gaiás co que se procura non só a posta en valor das súas zonas naturais —Bosque de Galicia e Parque do Lago– senón tamén darlle visibilidade á presenza da muller na arte contemporánea, incorporando unha perspectiva de xénero que reflicta a diversidade no ámbito creativo.

Páxinas