Cidade Imaxinaria Primavera ateigou esta tarde de sábado a Praza Central da Cidade da Cultura de Galicia de espectáculos, xogos, música e obradoiros de temática circense para festexar a chegada da primavera e tamén o Día Internacional do Circo con catro horas ininterrompidas de diversión en familia, de entrada libre e de balde.
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, participou hoxe xunto ao ministro de Fomento, Íñigo de la Senra, no acto de inicio das obras do novo enlace da AP-9 coa Cidade da Cultura e Santiago centro.
A exposición Galicia universal. A arte galega nas coleccións ABANCA e Afundación ten recibido 7.323 visitas transcorrido só un mes da súa inauguración, o pasado 16 de marzo, no Museo Centro Gaiás, da Cidade da Cultura de Galicia.
A mesta herdanza da cultura árabe e musulmá, o seu contexto xeopolítico e aos seus conflitos sociais actuais foron analizados polo miúdo este sábado, día 14, nunha nova sesión de Nexos, unha análise que buscou afastarse dos clixés e tópicos, da man da socióloga Gema Martín Muñoz, directora da Casa Árabe durante seis anos.
A exposición José Suárez. Uns ollos vivos que pensan exhíbese desde hoxe e ata o 15 de julio no Museo de Belas Artes da Coruña. A mostra, promovida pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia, retorna a Galicia na súa última itinerancia, tras ser inaugurada en novembro de 2015 no Museo Centro Gaiás en Santiago de Compostela e terse amosado en Madrid, Bos Aires, Montevideo, París, Toquio, Nova Delhi e Salamanca.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 167
- 168
- 169
- 170
- 171
- 172
- 173
- 174
- 175
- …
- seguinte ›
- última »




