O Gaiás acollerá o vindeiro venres 22 de xuño un concerto de SondeSeu para conmemorar a celebración do Día da Música e darlle a benvida ás longas noites do verán e a toda a programación estival do complexo, da que a música é o prato forte.
Galicia volverá converterse en punto de encontro da industria televisiva de Europa e América durante a celebración de Conecta FICTION, evento internacional dedicado á coprodución de series e miniseries que desenvolverá a súa segunda edición en Santiago do 18 ao 21 de xuño. A Xunta, ICEX España Exportación e Inversiones e Fundación SGAE promoven esta iniciativa, que este ano incrementou ata 400 o número de profesionais acreditados.
A Cidade da Cultura de Galicia celebra o sábado 16 de xuño a quinta e última sesión de Nexos desta tempada, na que se analizará a evolución da música popular portuguesa nos últimos 50 anos, desde a irrupción da chamada 'nova canção portuguesa', co Zeca Afonso e Fausto, ata o panorama actual no que o fado foi declarado Patrimonio Inmaterial da Humanidade.
O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que a creación do Centro de Excelencia en Tecnoloxías Innovadoras no Ámbito Socio Sanitario permitirá impulsar a transformación dixital en eidos como o envellecemento activo, a tarxeta social, o fogar dixital ou a alimentación saudable.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que no recinto da Cidade da Cultura se emprazará o edificio Fontán, onde se instalarán o novo Consorcio Interuniversitario de Galicia e a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, ademais do futuro Centro Europeo de Investigación en Paisaxes Culturais. “Estes centros necesitan un espazo físico onde se poida traballar, e Galicia dispón dun lugar onde poden asentarse sen que iso supoña comezar a edificar desde cero e incrementar o gasto de forma innecesaria”, explicou.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 163
- 164
- 165
- 166
- 167
- 168
- 169
- 170
- 171
- …
- seguinte ›
- última »




