O Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura de Galicia acolleu hoxe a clausura e entrega de diplomas do programa Constrúe o teu futuro: Videoxogos e Emprendemento, organizado pola Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, a Cidade da Cultura a través do seu Centro de Emprendemento e Fundación Incyde, co financiamento do Fondo Social Europeo.
A Cidade da Cultura de Galicia despide Nexos 2018 este sábado, 16 de xuño, abordando a evolución da música popular portuguesa nos últimos 50 anos, desde a irrupción da chamada 'nova canção portuguesa', co Zeca Afonso e Fausto, ata o panorama actual no que o fado foi declarado Patrimonio Inmaterial da Humanidade.
Unha emotiva interpretación conxunta do Himno Galego a un cento de voces, realizada por dous dos coros históricos máis antigos de Galicia, pechou este domingo Serán’01, encontro promovido pola Xunta de Galicia para apoiar e pór en valor a nosa cultura popular e de base. Foi un man a man do Real Coro Toxos e Froles de Ferrol –con máis de cen anos de historia– e a coral De Ruada de Ourense –que este ano celebra o seu centenario–, que puxo o peche de honra a tres días de actividades na Cidade da Cultura.
Unha xigantesca foliada de cinco horas encherá o Gaiás na noite de este sábado de música e baile. Sobre o escenario congregaranse uns 300 integrantes de diferentes agrupacións folclóricas nun man a man con artistas consolidados –como Uxía, Susana Seivane, Budiño, Davide Salvado, Leilía ou Ugía Pedreira– e con informantes –transmisores da nosa cultura tradicional– procedentes de diferentes comarcas galegas.
Serán'01. I Encontro Galego de Cultura Popular: Baile e Música Tradicional arrancou este venres na Cidade da Cultura, onde reunirá a un milleiro de artistas do noso folclore tradicional en máis de 40 actuacións e espectáculos ao longo da fin de semana. A Xunta de Galicia proponse con este encontro apoiar e pór en valor a nosa cultura popular e de base, promovendo a un tempo a súa salvagarda.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 162
- 163
- 164
- 165
- 166
- 167
- 168
- 169
- 170
- …
- seguinte ›
- última »




