A Cidade da Cultura convida a rapaces e rapazas de entre 10 e 13 anos a participar un ano máis na súa actividade de verán Unha noite no Bosque, unha acampada nocturna con monitores no Bosque de Galicia que se desenvolverá todos os venres entre o 29 de xuño e o 17 de agosto de 2018.
O Gaiás festexa mañá venres 22 de xuño o Día da Música –que se conmemora hoxe– cun concerto ao aire libre de SondeSeu, a única orquestra galega de folk contemporáneo e unha das primeiras de Europa.
A programación do Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura de Galicia incluirá do 23 ao 25 de novembro a cuarta edición en Galicia da Maker Faire, a maior feira de inventores do mundo. A celebración deste evento ten lugar no marco do acordo entre a Fundación Cidade da Cultura e o Concello de Santiago de Compostela para a promoción do Gaiás como un espazo de innovación e creación empresarial no ámbito das industrias creativas.
Un total de 67 actividades de lecer e culturais, ao aire libre e en contacto coa natureza e pensadas para todos os públicos.
A Cidade da Cultura de Galicia despediu Nexos 2018 este sábado, 16 de xuño, abordando a evolución da música popular portuguesa nos últimos 50 anos, desde a irrupción da chamada 'nova canção portuguesa', co Zeca Afonso e Fausto, ata o panorama actual no que o fado foi declarado Patrimonio Inmaterial da Humanidade. Para iso, contou cunha testemuña excepcional como é Teresa Salgueiro, que durante 20 anos foi vocalista de Madredeus, unha formación que traspasou as fronteiras lusas coa súa música.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 161
- 162
- 163
- 164
- 165
- 166
- 167
- 168
- 169
- …
- seguinte ›
- última »




