A Cidade da Cultura de Galicia inaugura esta semana os primeiros solpores musicados de Atardecer no Gaiás, para os que contará con Rels B, superestrela do trap e hip-hop estatal, cuxas cancións revolucionan a canle de Youtube ao alcanzar os 20 millóns de visitas e que fan que, a pesar da súa xuventude, xa se teña feito cun sitio ao carón de figuras tan mediáticas nestes xéneros musicais, como son C. Tangana, Yung Beef o Dellafuente.
A Cidade da Cultura de Galicia acolleu este domingo o III Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia, no que un total de doce formacións de toda a comunidade, compostas por arredor de medio milleiro de integrantes, interpretaron o repertorio elixido para a ocasión para finalizar cunha interpretación conxunta do Himno Galego como peche do evento.
Promover un estilo de vida saudable a través da actividade física e achegar á cidadanía os espazos naturais e o patrimonio artístico da capital galega son os dous obxectivos de Camiño ao Gaiás, unha serie de andainas comentadas e de balde organizadas pola Cidade da Cultura de Galicia todos os xoves entre o 5 de xullo e o 13 de setembro.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, subliñou hoxe que o novo Edificio Fontán suporá culminar a Cidade da Cultura con máis actividade, talento e vida, de xeito acorde cos seus obxectivos e máis eficiente cos recursos.
Atardecer no Gaiás, o ciclo de concertos ao solpor da Cidade da Cultura, vólvelle pór banda sonora ao verán con 21 actuacións ao aire libre, a partir do 5 de xullo. O cartel deste ano é fiel escaparate das tendencias musicais actuais.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 160
- 161
- 162
- 163
- 164
- 165
- 166
- 167
- 168
- …
- seguinte ›
- última »




