A Xunta de Galicia pecha este sábado coa premiada escritora Ledicia Costas o Club das Lerchiñas da Cidade da Cultura, ciclo de contacontos en liña –da campaña de lecer e formación #aculturasegue– dirixido ás familias e que ata agora emitiu catro sesións nas redes sociais do Gaiás (Facebook, Instagram, Twitter e Youtube) coas historias relatadas por María Lado & Lucía Aldao, Bea Campos, Andrea Bayer e Paula Car
O Museo Centro Gaiás acollerá o próximo mes de outubro Galicia, de Nós a nós, a segunda exposición do Xacobeo 2021 centrada no centenario da publicación da revista Nós e no legado do grupo de intelectuais galeguistas que contribuíron co seu labor, nas primeiras décadas do século XX, ao desenvolvemento, renovación e internacionalización da literatura e da cultura galega.
Os desafíos aos que se enfronta no contexto actual o sector do libro será o tema central do debate no cuarto webinario convocado polos Foros #ACULTURASEGUE. Reflexións sobre a cultura na era post-covid-19. A sesión, que terá lugar este xoves 4 de xuño ás 17,00h, contará coa participación do director da editorial Turner, Santiago Fernández de Caleya, e coa xornalista e responsable de edición de Rinoceronte Editora, Anxa Correa.
A comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira, conduciu esta tarde a terceira sesión dos Foros #ACULTURASEGUE. Reflexións sobre a cultura na era post COVID-19, un encontro virtual que nesta ocasión estivo centrado nos desafíos aos que se enfronta o sector musical, e especialmente o da música clásica, no contexto actual marcado pola crise sanitaria.
A Xunta de Galicia, dentro da súa campaña de lecer e formación #aculturasegue, pon en marcha polas redes sociais e páxina web da Cidade da Cultura --www.cidadedacultura.gal-- Cociñeiras ilustradas. Trátase
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 111
- 112
- 113
- 114
- 115
- 116
- 117
- 118
- 119
- …
- seguinte ›
- última »




